Unha historia para reflexionar sobre os límites entre as posibilidades da bioloxía e o alcance das
accións sociais e humanas.
Nunha sociedade moderna e desenvolvida, aberta e democrática, os roles de xénero póñense
en cuestión, discútense, e ata se experimenta coa súa inversión. En moitos aspectos sociais, as
fronteiras son cada vez máis anchas, mesmo difusas.
Vivimos nun contexto no que se proclama e defende a normalización e o respecto polas diferenzas.
A loita pola liberdade e o dereito para vivir as identidades e sexualidades de forma
libre permitíronnos avanzar en modelos de familia e convivencia, máis alá do molde heteropatriarcal