Unha voda sempre é motivo de alegría, por iso todos na granxa estaban tan contentos, todos
menos a raposa da matogueira. A ela comíana os demos! Como podía casar a súa nena de
prata cun galo tan fachendoso! É que non se decataba de que ao Galo Pinto só lle preocupaba
lucirse no casamento? E por riba de vaidoso, interesado! Todo o día a preguntarlles aos
convidados polos regalos!
O autor do novo álbum da Colección O de OQO editora é Juan Alfonso Belmontes, quen a
partir dos encontros e desencontros dos tres personaxes principais (o Galo Pinto, Xiana e a
raposa da matogueira) vai tecendo unha singular historia de amor na que tampouco faltan os
celos, as penas, os enganos ou a cobiza
Con estes ingredientes a emoción está garantida, e
entre enredo e enredo o autor convídanos a que reflexionemos con el sobre os sentimentos.