Polina é unha pulga moi pequerrechiña que leva grandes chapeus e vestidos de cores para
que non a pisen; aínda que, en realidade, é doado saber cando está preto, porque sempre
anda cantando.
Un día caloroso, cando estaba a se dar un baño nun charco, un refacho de vento repentino
levouna voando.
Polina séntese perdida e confusa, pero o seu ánimo e as súas cantigas danlle folgos para
seguir adiante. Os amigos, preocupados, van buscala e, grazas á cooperación dos animais que a
viron pasar e ao rastro que vai deixando polo camiño coa súa música e os seus cantos,
a pulguiña sae vitoriosa da súa aventura.