Búsqueda de Editorial : AIRA

34 resultados

  • ONDE OUVEAN OS MONTES
    NARLA, FRANCISCO
    Esta é a historia dun amor e dunha vinganza. Unha historia sobre o poder e sobre o imposible. Unha historia sobre a fin da República de Roma desde un punto de vista moi orixinal. Francisco Narla demostra de novo a súa gran capacidade narrativa nesta novela de aventuras onde a pulsión da natureza se enfronta á ruindade humana. Cazadores e presas nun relato que te vai deixar se...

    19,95 €

  • A POSIBILIDADE DE CHAMARLLE CASA
    ORRIOLS, MARTA
    Tina, veterana correspondente de televisión no Líbano, decide volver á casa, en Catalunya, logo dunha crise persoal. A volta ao ámbito familiar, onde a esperan unha nai distante, unha irmá perfeccionista e un pai que empeza a sufrir os danos da demencia, será máis difícil do agardado. A nostalxia por dous amores que a rodean tampouco axudarán a empezar de cero. Marta Orriols de...

    19,95 €

  • TRITÓN
    RIESTRA, BLANCA
    B., unha limpadora que vive ao carón do mar da Coruña, empeza a recibir visitas dunha criatura do mar, silenciosa e sedutora, coa que deixa que se manifesten os seus máis escuros instintos. Nemo, ou Tritón, tamén coñecerá a Domingos, un veterano pescador que garda na memoria todas as historias do océano. Novela poética e moi persoal dunha das grandes escritoras do noso tempo. U...

    16,00 €

  • BANAINAS
    PAZOS MIRANDA, FON
    1,2,3! Prepárate para as disparatadas trasnadas dos Banainas, un grupo de criaturas que che farán rir a esgalla! Únete a esta atoliscada cuadrilla do Colexio Animal Darwin e desfruta coas súas aventuras! Gargalladas garantidas en cada páxina. Personaxes inesquecibles. Nunca volverás ver o cole cos mesmos ollos. ...

    19,95 €

  • AS LETRAS DA GALICIA PEQUENIÑA
    CEQUELIÑOS, CÉSAR / CAMPOS, JORGE
    Letras, palabras, frases, historias… A lingua galega expresa o que sentimos, desexamos e inventamos. Ven coñecela do xeito máis divertido. ...

    19,95 €

  • AS FILLAS DA CRIADA
    ÓNEGA, SONSOLES
    Febreiro do ano 1900. No pazo do Espírito Santo, en Punta do Bico, á beira do Atlántico, á vista das illas Cíes, nacen ao mesmo tempo dúas nenas: Catalina e Clara, fillas de dona Inés, a señora, e de Renata, a criada, respectivamente. Os pecados dos pais marcarán as súas vidas, testemuñas do convulso século. Unha saga familiar sobre a rebeldía das mulleres contra o seu destino ...

    22,90 €

  • QUERO ESCRIBIR LITERATURA
    VEIGA TABOADA, MANUEL
    Ola. Se escolliches este libro é porque pensaches algunha vez en escribir. Escribir un conto, un poema, se cadra unha novela. Este non é un libro de receitas nin un manual. É unha invitación a deixarse levar polas palabras e as historias. ...

    19,95 €

  • UNHA MÍNIMA INFELICIDADE
    VERDE, CARMEN
    Annetta, a narradora desta historia, non dá medrado fisicamente por unha enfermidade descoñecida. Pasa a infancia e a xuventude querendo entender a súa nai, a fascinante Sofia Vivier, a persoa máis importante da súa vida, mais tamén a responsable de que na súa existencia sempre pareza flotar no ambiente unha mínima infelicidade. Unha brillante novela, escrita con elegancia e p...

    19,00 €

  • UNHA GRIPE CABALUDA
    IGLESIAS, BIEITO
    O inspector Benito Marañao volve ás rúas. Ás rúas desertas do confinamento pola «gripe cabaluda» que se estendeu polo mundo no 2020. Desta volta o retranqueiro policía terá que investigar a misteriosa morte dunha moza de quince anos, nuncaso que non é o que parece. Bieito Iglesias volve enfiar os vimbios da novela negra co relato humorístico nunha obra que é alto cume da lingua...

    16,00 €

  • O SEGREDO DAS IRMÁS ASOREY
    ESTÉVEZ, MARTA
    A proclamación da II República, o 14 de abril do 1931, coincide coa morte do prestixioso doutor Asorey en Santiago de Compostela e co asasinato da lavandeira que se ocupaba de facer a bogada na casa del. A incerteza do tempo histórico e o medo das súas catro fillas, que vivían con el, vainas obrigar a tomar unha decisión que condicionará as súas vidas para sempre. Unha novela d...

    21,90 €

  • A BOCA DA SOMBRA
    PEDREIRA, EMMA
    Alguén está a matar as prostitutas de Putown. O medo esténdese polas súas rúas porque na cidade son elas as que gobernan, as que tomaron conta do propio corpo para que non se lucre del máis ninguén. Unha novela desacougante e moi orixinal que utiliza os mecanismos do terror, da poesía e o humor para compoñer un universo inesquecible. Emma Pedreira pon patas arriba a literatura...

    16,00 €

  • O ATALLO
    MARTÍN I SERRA, MIQUEL
    O narrador e protagonista desta novela vainos contando o seu paso da infancia á adolescencia con tal naturalidade que poderiamos lelo por toda a eternidade. É fillo dos criados dos donos dun chalé no Empordá (Catalunya) e para ir á escola en bicicleta usa un atallo á beira dun estanque de parrulos e un carballo vello e grande. Mais todo está a piques de mudar, non só a súa voz ...

    18,00 €

  • (G).TRES CONTOS PARA NENAS MALAS
    OVEJERO, JOSE
    Este libro recolle tres contos que lle dan a volta por completo ao sentido da tradición. As nenas protagonistas demostran grande enxeño e valentía para esquivar os problemas que lles pon diante a vida. O texto de José Ovejero e as ilustracións de Miguel Robledo lévannos a un universo cheo de humor e crítica social sobre temas como o patriarcado, a monarquía ou o capitalismo. Un...

    19,95 €

  • OS INOCENTES
    ORUÑA, MARÍA
    A tenente Valentina Redondo está a piques de casar co seu grande amor, o tenro e divertido Oliver Gordon. Mais en troques de preparar o casamento, a oficial máis afouta da Policía Xudicial terá que enfrontarse ao caso máis estraño da súa carreira. Varias persoas morren, aparentemente envelenadas, durante un encontro de lecer de varios empresarios no balneario de Puente Viesgo, ...

    21,90 €

  • DE NOVO CENTAURO
    AGIRRE, KATIXA
    Nun futuro indefinido, pero moi próximo, a realidade virtual-aumentada está no seu apoxeo. Paula é unha das máis brillantes profesionais da creación de contidos para ese multiverso ao que se accede cunhas lentes especiais, as OFtal. A súa percepción sobre as vivencias que experimenta no mundo real e nese novo mundo creado mudará cando viaxa a París para investigar a vida de Mar...

    19,95 €

  • CANDO CHEGA O OUTONO
    REY NOYA, MARIÑA
    Ourizo Neto camiña canda a avoa polo bosque facendo preguntas sobre todo o que observa. Entenderá como muda a natureza conforme pasa o tempo? Unha fermosa historia chea de poesía e beleza que nos achega aos cambios das estacións e os efectos que produce no bosque, cheo de luz e de misterios. ...

    16,00 €

  • JOAQUÍN VAAMONDE CORNIDE
    RAMOS RODRÍGUEZ, PERFECTO
    Joaquín Vaamonde Cornide foi un dos máis destacados membros da Xeración Doente. O seu falecemento con só 29 anos impediulle alcanzar maiores cotas artísticas, mais a súa carreira foi fulgurante. Coñecido principalmente polos seus marabillosos retratos, entre os destaca o de Emilia Pardo Bazán, descoñecíase até agora parte da súa biografía. Perfecto Ramos Rodríguez desvela a súa...

    19,90 €

  • XAORA
    MOREIRAS, ANA
    Virxinia anda medio perdida. As súas dores físicas e mais as cicatrices emocionais tráena sen azos, buscando respostas para as grandes preguntas ás que se quere enfrontar como adulta. A visita da pantasma da súa avoa, vitalista, descarada, feliz por recuperar o vizo da mocidade, axudaraa a comprender que é o realmente valioso e auténtico. Ana Moreiras amosa nesta novela gráfic...

    19,95 €

  • O ESPERTAR
    CHOPIN, KATE
    1.1FC;1KBBF 01.1 10000000000000000 ...

    18,00 €

  • RUTAS POLO PASADO XUDEU DE GALICIA / RUTAS POR EL PASADO JUDÍO DE GALICIA
    DE ANTONIO RUBIO, MARÍA GLORIA
    1.1WTHM;1DSEL 01.1 10000000000000000 ...

    19,95 €

  • A DAMA DE BRANCO
    COLLINS, WILKIE
    A vida do profesor de debuxo Walter Hartright cambia para sempre cando viaxa de Londres até Cumberland para darlles clases a Laura Fairlie e Marian Halcombe. A casualidade farao partícipe dun misterio do pasado que marcará o seu presente. Unha das grandes novelas populares do século XIX, éxito absoluto desde a súa publicación, con tintes de novela romántica, historia de intri...

    45,00 €

  • O LIBRO DAS MARAVILLAS
    MARCO POLO
    1.1 01.1 10000000000000000 ...

    19,95 €

  • O EMPERADOR DE PORTUGALIA
    LAGERLÖF, SELMA
    O vello Jan nunca pensou en ter unha filla e a noticia incomodouno. Mais a primeira vez que colle no colo a súa meniña vaille cambiar a vida. Tan pobre como é, o amor da súa filla parécelle un tesouro. Cando ela teña que marchar para gañar diñeiro co que evitar o desafiuzamento dos pais, Jan creará unha fantasía para fuxir da dura realidade da separación e dos rumores na aldea....

    19,95 €

  • ANTOLOXÍA ESENCIAL
    LÓPEZ-CASANOVA, ARCADIO
    1.1DCF;1DSEL 01.1 10000000000000000 ...

    18,00 €

  • A PARTE DOS ANXOS
    PEDREIRA, EMMA
    Belas criaturas no transo da morte. Humor e terror abrazados nun melancólico tango. Esta colección de relatos de Emma Pedreira e Carlos Lago detense no derradeiro alento para converter o inesperado, o incómodo, o arrepiante... en literatura, en beleza. ...

    19,95 €

  • POMBAIS DE ALLARIZ
    BLANCO RODRÍGUEZ, ANTONIO
    O pombal é unha construción arquitectónica popular, aparentemente sinxela e funcional que conserva gran parte da nosa historia. A cria de pombas non só ampliaba o autoconsumo de carne na Galicia tradicional senón que era marca de status social. Este libro recolle os pombais do concello de Allariz, pero vai máis alá dun catálogo. É unha invitación á curiosidade e unha reivindic...

    19,95 €

  • AIRES DE POESÍA
    DOMINGUEZ ALBERTE, XOAN CARLOS
    A Terra de Celanova é berce e refuxio de grandes poetas. Esta antoloxía reúne e fai cómplices entres si unha boa presada deles e delas. Forman parte desta escolma obras relevantes de: Anxo Angueira, Manuel Curros Enríquez, Suso Díaz, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Castor Elices, Henrique Feixó, Celso Emilio Ferreiro, Castor Méndez, Xosé Luís Méndez Ferrín, Oriana Méndez, Carlo...

    16,00 €

  • BIGOTE DE TRES PELOS
    DOALLO, RITA
    Que está a pasar na cara do Avó Luís? Vaites!, os tres pelos do seu bigote comezaron unha protesta. Teñen unha lista de demandas e todo. En que acabará todo isto? ...

    14,00 €

  • GAZAFELLOS 2
    FON BARREIRO
    Velaquí o segundo volume da serie de banda deseñada infantil máis divertida. Os Gazafellos están de volta cunha chea de aventuras inesquecibles. Tami, Fede, Mauro e Tiago coñecerán novas personaxes fantásticas e vivirán situacións moi gazafellas. ...

    15,00 €

  • AGORA QUE CALA A NOITE
    PEDROSA, ELBA
    Voces de mulleres que berran, que se expresan, que se queixan e que se liberan. Voces que lle plantan cara á violencia machista en todas as súas facetas e que reclaman protagonizar as súas propias vidas. Elba Pedrosa tece nos tres relatos que se entrecruzan en Agora que cala a noite unha narración viva, directa e actual. ...

    17,00 €


01 02