Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA

355 resultados

  • A COCIÑA GALEGA
    CUNQUEIRO, ALVARO
    Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. Neste segundo volume voltamos á cociña de Cunqueiro, un libro básico da historia d...

    21,00 €

  • AS POETAS DA COLECCIÓN SALNÉS
    TORRES, XOHANA / KRUCKENBERG, MARÍA DO CARME / VÁZQUEZ, PURA / COUTO VIANA, MARÍA MANUELA / MORRIS,
    Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. Esta colección conmemorativa ábrese co presente volume: As poetas da colección Saln...

    9,25 €

  • COUSAS DE NENOS
    CASTELAO
    A obra de Castelao tivo moi presente a mirada dos nenos e das nenas. Esta mirada sobre as cousas da vida que aos adultos lles escapa e que os máis novos si son quen de advertir. As cousas dos nenos e das nenas, tamén as dos seus compañeiros de xogos, de alegrías e de penas, os animais, están presentes en cada unha das páxinas deste libro, onde o Castelao de sempre chega de novo...

    12,40 €

  • FEIXE DE FLORES PARA GALICIA
    OUTES RUSO, XOSÉ LUÍS
    Feixe de flores para Galicia é o froito dalgunhas reflexións sobre o desenvolvemento do capitalismo desde os anos oitenta do século pasado e a proposta dun programa humano, económico e ecolóxico para o noso país. Estas propostas teñen como finalidade facer de Galicia un país moderno e tecnoloxicamente adiantado, onde prime o colectivo sobre o individualismo, a igualdade e o ben...

    23,20 €

  • AS VELLAS DE MENS
    FERNÁNDEZ PENSADO, JOSÉ MANUEL
    Con motivo da concesión das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificada nas cantareiras, José Manuel Fernández Pensado (Manel de Aturuxo) achéganos un relato de primeira man das “Vellas de Mens” desde a perspectiva de quen as viu aparecer en 1972 e coas que conviviu artisticamente durante vinte anos, compartindo infinidade de vivencias con elas e as súas familias. ...

    14,50 €

  • HERMILINDO ESBIRRA POEMAS
    SEÑARÍS, PAULA

    11,40 €

  • DANIEL NO PEIRAO
    CARBALLEIRA, PAULA

    11,40 €

  • ÍCARAS
    LABRAÑA, CARLOS

    11,50 €

  • BIRKEN
    ALFONSÍN, DIEGO
    Birken só quere saber onde comezan e onde acaban as preguntas, por iso pon os signos de interrogación ao comezo e ao final. Birken quere saber por que os holandeses si e os galegos non. Birken acaricia as árbores da horta coma se fosen seres queridos. Durante unha viaxe en tren, recoñece un antigo compañeiro da facultade no mesmo vagón e descobren que van visitar a mesma exposi...

    14,80 €

  • O AUTOGOBERNO DE GALICIA. FUNDAMENTOS E INSTITUCIÓNS
    CAAMAÑO DOMÍNGUEZ, FRANCISCO / JOVE VILLARES, DANIEL
    Preto de facer corenta e cinco anos, o autogoberno de Galicia xa non pode explicarse de xeito estático, coma se fose unha realidade illada. A nosa Comunidade Autónoma forma parte dun complexo sistema de gobernanza multinivel que vai desde as entidades locais ata a UE, pasando polo Estado. O fundamento democrático dese modelo fai que a cidadanía teña que xestionar distintas iden...

    23,60 €

  • BONECAS
    CASTRO, RAQUEL
    PREMIO O FACHO DE TEATRO INFANTIL 2024 Á tenda de Xurxo, Xoguetes e brinquedos, chega Lois, un xoguete moi especial: un robot dotado dunha intelixencia superior, que non quere pertencer a ninguén. Alí atoparase con Lara, a boneca chorona, e con Filipa, a boneca cantareira, que desexan coñecer mundo e deixar de estar pechadas nun escaparate. Chegarán os nosos inventos a superar...

    12,80 €

  • A BRIGADA IRIDESCENTE. O LABIRINTO DOS INCHABLES
    ANDRÉS, ELEA
    É o primeiro día de clase para a Brigada Iridescente, xa van en 6º de primaria e están moi emocionados. Todo parece ir ben na escola, pero axiña comezan a pasar cousas raras. Luces que se apagan, portas que se pechan soas, obxectos que rompen… Ten que ser un fantasma; entón, a lenda da escola é certa! Acompañade a Vale, Eloi, Gaeul, Cristian, Nina e Paulo nesta nova aventura! S...

    15,40 €

  • O TENRO É O SALVAXE
    L. PARÍS, SAMUEL
    Que material queda dentro e fóra das nosas vidas? Como se escolle? E, máis importante: que construímos con el? Da tona ao óso, O tenro é o salvaxe cuestiona desde o social ao persoal nunha proposta chea de lirismo, ironía e humor. ...

    17,50 €

  • CONTÁRONME UN CONTO MAL CONTADO
    Ao longo dos séculos, os varóns foron tanto autores como protagonistas do relato histórico, e este monopolio desembocou nunha escaseza de referencias ao universo feminino, máis, cando se daban, amosaban unha serie de estereotipos que calaron profundamente na sociedade, probablemente porque contribuían a manter e fundamentar os piares da ideoloxía patriarcal imperante. Este trab...

    20,50 €

  • CASTELAO SEGUNDO RAÑOLAS
    ALEXANDRE, MARILAR
    Esta é unha biografía de Castelao un pouco diferente das que estamos afeitos a ler, pois a autora tivo a brillante idea de pedirlles aos personaxes creados por Alfonso Daniel que a axudasen a contar algúns detalles da súa vida. Porque, no fin de contas, estes personaxes viviron moi de preto os pasos do grande escritor, debuxante, político e pensador de Rianxo. Así foi como Raño...

    14,50 €

  • GAIOLAS
    VÁZQUEZ FREIRE, MIGUEL
    CHÁMOME MARÍA ... CHÁMOME EVA ... CHÁMOME ROSALÍA ... CHÁMOME HELENA ... Catro testemuños de catro mulleres de distintas idades, de distinta condición social e profesional. Catro voces que falan de vidas que unha vez se viron engaioladas. Catro voces que falan tamén da importancia de recoñecer o encerro das gaiolas para abrirlles as portas. ...

    15,20 €

  • AS POETAS DA COLECCIÓN SALNÉS
    TORRES, XOHANA / KRUCKENBERG, MARÍA DO CARME / VÁZQUEZ, PURA / COUTO VIANA, MARÍA MANUELA / MORRIS,
    Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. Esta colección conmemorativa ábrese co presente volume: As poetas da colección Saln...

    18,50 €

  • POESÍA E SOCIEDADE NO CANCIONEIRO POPULAR GALEGO
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    Cántigas hai que son faíscas sorprendentes de poesía, algunhas recolleitas por Rosalía, que non se resistiu a telas en conta como raíz íntima de fermosos e significativos poemas. En Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego, Xesús Alonso Montero pon a atención en dúas dimensións das nosas composicións populares: no que teñen de artístico, de poético, e no que conteñen co...

    16,50 €

  • (G).ASASINATO NA CASA ROSA.(LITERARIA)
    PORTABALES, ARANTZA
    Tras a espectacular acollida das súas anteriores novelas negras, Arantza Portabales inicia unha nova serie, Os crimes de Loeiro, protagonizada por Santaclara & Araújo. A inspectora Iria Santaclara, de baixa para atender o seu home convalecente, recibe a sorprendente chamada do millonario Ulises Villamor. O empresario cre que a súa muller foi asasinada hai catro anos e quere que...

    20,90 €

  • A QUE CHEIRAN AS CORES? A ESPERADA GUÍA PARA COÑECER O CEREBRO
    RIVADULLA FERNÁNDEZ, JUAN CASTO
    Es quen de mover cousas coa mente? A que sabe a cor azul? Pareceríanos normal escoitar estas preguntas nunha conversa entre Harry Potter e os seus colegas. Mais Juan Casto Rivadulla Fernnández nunca estivo en Hogwarts. É un neurocientífico galego que responde estas cuestións tan disparatadas mentres nos explica, dun xeito divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro. Queres ...

    19,50 €

  • ASASINATO NA CASA ROSA
    PORTABALES, ARANTZA
    Tras a espectacular acollida das súas anteriores novelas negras, Arantza Portabales inicia unha nova serie, Os crimes de Loeiro, protagonizada por Santaclara & Araújo. A inspectora Iria Santaclara, de baixa para atender o seu home convalecente, recibe a sorprendente chamada do millonario Ulises Villamor. O empresario cre que a súa muller foi asasinada hai catro anos e quere que...

    9,95 €

  • BICOS E NON BALAS
    GARCIA TEIJEIRO, ANTONIO
    Pola nosa boca poden saír balas pero tamén bicos. Poden saír versos e beixos. Podemos reclamar, a berroversos, a paz. Velaquí unha antoloxía de poemas sobre a paz de Antonio García Teijeiro, un dos poetas galegos que máis e mellor entenderon que non hai camiño para a paz, senón que a paz (e a poesía) é o camiño ...

    19,40 €

  • CARLOS NUÑEZ, O COMUNISTA QUE NON FOI GAITEIRO. CO
    CONDE, PERFECTO
    Carlos Núñez Rodríguez figura na memoria de moita xente, e nalgúns libros de Historia, como un esforzado militante comunista, nomeadamente nos anos do franquismo serodio, que tivo gran relevancia nos acontecementos da folga xeral viguesa de setembro de 1972, cando a cidade estivo condicionada polas mobilizacións obreiras. Mais na biografía de Carlos Núñez hai moito máis: desde ...

    24,50 €

  • SON COMA GLACIARES
    MENÉNDEZ, CYNTHIA
    Son coma glaciares os barcos de aceiro é unha novela artesá, soldada con precisión liña a liña, palabra a palabra, como fan os traballadores coas chapas metálicas nas bancadas dos estaleiros. Unha carta de amor ao Vigo industrial e combatente, aos fillos e fillas do traballo e da dignidade, a través dos recordos dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita si...

    18,50 €

  • TES CINCO MINUTOS #4
    VV.AA.3
    Dicía unha canción que a vida é eterna en cinco minutos. E eternos eran tamén os cinco minutos escasos que tiñan os alumnos e alumnas da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia para desenvolver o seu traballo nas aulas desta iniciativa innovadora, baixo a atenta ollada de autores e autoras de recoñecido prestixio que impartiron as clases. Agora, para po...

    14,20 €

  • DOUTOR ZHIVAGO
    PASTERNIK, BORÍS
    Publicada por vez primeira, e traducida en Italia en 1957, Doutor Zhivago pasa por ser a obra máis mítica da literatura rusa do século XX. A súa publicación non foi posible en Rusia ata 1988, ao abeiro da soviética Perestroika, e o seu autor tivo que rexeitar o premio Nobel (1958) por presións das autoridades soviéticas, o que, xunto coa maxistral adaptación cinematográfica de ...

    17,00 €

  • DE GALICIA A MAUTHAUSEN
    GARRIDO FERNÁNDEZ, ALBA
    Desde 1940, preto de 9.300 españois pasaron polas instalacións de Mauthausen e doutros campos de concentración do III Reich, deles, máis de douscentos eran galegos, dos que moitos non chegaron a ver a fin do conflito. Os superviventes principiaron unha nova e longa etapa no exilio que iniciaran tras o comezo da Guerra Civil, e que, no caso de moitos, non rematou tras a morte do...

    11,00 €

  • NARRATIVA REUNIDA 1991-2001
    VILLALTA, LUÍSA
    Narrativa reunida (1991-2001) recupera os tres títulos que Luísa Villalta deu ao prelo: Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001). Estas tres obras, fulcrais na construción da personalidade intelectual e creativa de Luísa Villalta, son unha mostra do seu compromiso coa escrita e a sociedade que lle tocou vivir, onde, como ela dixo, “...

    10,95 €

  • VALDEMULLER
    NEIRA CRUZ, XOSÉ A.
    Valdemuller é unha historia de iniciación onde Mina, unha rapaza que acaba de facer quince anos, se interna no mundo dos coñecementos ancestrais das mulleres que saben, que sempre souberon ao longo dos séculos, malia as invisibilidades e os silencios impostos. Tamén é o nome dunha fraga frondosa e enigmática situada no corazón da provincia de Lugo, ademais do título desta nove...

    7,25 €

  • LOBOS NAS ILLAS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que constitúe o territorio literario de Aleixandre… Publicado en 1996, traducido para o castelán e reeditado en 2022, pois, segundo a autora, a súa in...

    8,23 €