Xanecas tiña catro anos, e coma todos os nenos a esa idade, era moi curioso. O que
máis lle gustaba no mundo era explorar, e case cada día facía un novo descubrimento.
Seu pai refregáballe as orellas, os xeonllos, os cóbados ... Para apurar máis, Xanecas fregábase tamén co xabón. De súpeto, afundíuselle o dedo nun burato da barriga. Que pasara?.Tan intrigado quedou que desde aquela sempre estaba a preguntar: E por que teño embigo?.
A cousa é que Xanecas está nunha das etapas máis divertidas da infancia: a das preguntas. Por iso quere saber o porqué de todo, e interroga a papá, á irmá máis vella, ao avó...