Un álbum tenro e poético sobre a maternidade, un regalo ideal que pon en valor a calma e a serenidade da natureza.
Osa está soa e coa chegada do frÃo e do inverno busca un bo lugar para durmir. Unha mañá, a luz inunda o seu agocho e a súa tripa axÃtase, e non é de fame. Unha nova primavera chegará para Osa, aÃnda que agora xa non estará soaÂ…
O ciclo da vida e o da natureza fúndense nun relato tenro sobre a maternidade presentada como un acontecemento natural e sereno, un momento único de especial conexión entre unha nai e a súa crÃa. As ilustracións, delicadas, metafóricas e de gran forza poética e narrativa, cativarán lectores e lectoras de todas as idades.