Esta é a historia dun conto
que case non conto!
Así empeza a narrar a protagonista deste álbum o que lle sucedeu unha tarde cando, mentres
estaba a xogar tranquilamente na casa, un oso entrou pola xanela.
Oso camiñaba tropezando pola casa, esnaquizando todo canto atopaba. Ela, sen perder a
calma, dispúxose a amañar aquela desfeita con cinta adhesiva, ata que viu que Oso case
rompe un conto. Daquela enfadouse moito e berroulle. El reaccionou gruñindo e levantando
unha pata, como se fose facerlle dano, pero, en realidade, estaba ferido e precisaba axuda.