Xaime e As Landras
Bowley, Tim
Xaime plantou unha landra, pero... antes de que puidese medrar un esquío desenterrouna e agachouna. Xaime plantou unha landra. Xermolou e agromou da terra, pero... Así comeza unha sucesión de escenas narradas de forma áxil, breve e repetitiva; unha técnica recorrente nos contos para primeiros lectores e de grande utilidade para a súa narración oral, implicando o público infanti...
Sinopsis
Xaime plantou unha landra, pero...
antes de que puidese medrar
un esquío desenterrouna e agachouna.
Xaime plantou unha landra.
Xermolou e agromou da terra, pero...
Así comeza unha sucesión de escenas narradas de forma áxil,
breve e repetitiva; unha técnica recorrente nos contos
para primeiros lectores e de grande utilidade
para a súa narración oral, implicando o público infantil.
Xaime non se rende ante as adversidades e planta non unha,
senón moitas landras. Non se desanima cando os animais
esmagan ou comen os gromos; cando os nenos estragan
a árbore incipiente nin cando os madeireiros a tallan
ao facerse robusta... Porque ao final, unha das landras
de Xaime converterase co tempo nun carballo forte que dea...
máis landras.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor
